Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Movemento Republicano Popular | |
---|---|
Acrónimo | MRP |
Tipo | partido político |
Data de fundación | 1944 |
Data de disolución | 1967 |
Fundador(es) | Georges Bidault |
Sede | VII Distrito de París |
País | Francia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Movemento Republicano Popular (en francés: Mouvement Républicain Populaire, MRP) foi un partido político francés que actuou entre 1944 e 1967. Era un partido demócrata cristián xurdido na resistencia francesa ao réxime de Vichy e a ocupación alemá, tras a guerra participou no goberno provisorio da República francesa. Nas eleccións de 1945 conseguiu 140 escanos e nas eleccións de 1946 logrou 169 deputados co 28.1% dos votos converténdose no primeiro partido francés. Nas seguintes eleccións o MRP baixou electoralmente e en 1962 tiña 62 escanos, absorbidos boa parte dos seus votantes polo gaullismo. O MRP era partidario da integración de Francia en Europa e na OTAN e do mantemento das colonias.